lunes, 9 de diciembre de 2013

RISCOS LABORAIS

RISCOS LABORAIS





RISCOS MECÁNICOS


RISCOS ELÉCTRICOS






AXENTES FÍSICOS:

- RUÍDO




-RADIACIÓN



RUÍDO,  ILUMNICACIÓN E VIBRACIÓN



RIESGO QUÍMICO



RIESGO BIOLÓXICO



RIESGO ELÉCTRICO



AVALIACIÓN DE RISCOS



lunes, 11 de noviembre de 2013

domingo, 22 de septiembre de 2013

TEMA 1

TEMA 1: PROXECTO PERSOAL E PROFESIONAL. SIGNIFICADO E VALOR DO TRABALLO.
1.       INTRODUCIÓN
Dende a aparición do ser humano  na Terra  xurdiu a necesidade de traballar.  Os métodos de traballo (artesanal, industrial…) variaron co paso do tempo, como tamén cambiaron as condicións do traballo (salario, descansos, protección social, seguridade e hixiene no traballo, dereitos colectivos dos traballadores…).
HISTORIA DO TRABALLO

FIGURA SOCIAL
TRATO E CONDICIÓN LABORAL
Escravos
(Idade Antiga: antes dos exipcios até caída do Imperio Romano, século V)
Os escravos, que levaban a cabo a maior parte do traballo, non eran considerados persoas senón cousas. Polo tanto, o propietario podía facer o que quixese con eles, incluso matalos.
A escravitude continuou existindo despois dese período: foi legal en Europa e América ata o século XIX e noutras rexións do mundo ata mediados do século XX.
 O Servos
(Alta Idade Media, até século XI)
Os servos traballan a terra do señor feudal e estaban ligados a ela. O señor podía traspasalos xunto coa terra ou azotalos, pero non matalos.
O servo estaba sometido a un duro traballo cuxo produto, xeralmente, só lle alcanzaba para sobrevivir, pero era dono dos seus instrumentos e da súa economía privada.
Gremios
(ata XV)
Nas ciudades medievais aparecen os gremios, grupos pechados nos que se organizaban os artesáns e os comerciantes. As innovacións e a competencia dos profesionais entre si estaban regulamentadas e limitadas. Existían tres tipos de agremiados: os Mestres, os oficiais e os aprendices.
·         Os Mestres, pouco numerosos, eran donos do obradoiro, dos medios de produción e do produto final, obtido grazas ao traballo de oficiais e aprendices.
·         Os Oficiais, traballaban de sol a sol por un salario escaso e con poucas posibilidades de chegar a ter o seu propio obradoiro.
·         Os Aprendices comezaban moi xóvenes (12-15 anos). A súa vida era moi dura, con xornadas de sol a sol, sen dereito a salario e un período de aprendizaxe entre 2 e 12 anos.
Obreiros
(revolución industrial, século XVIII – XX)
A Revolución Industrial supón a aparición de grandes fábricas e a aplicación de innovacións tecnolóxicas. Tamén trouxo consigo cambios na división do traballo e unha grande demanda de traballadores, o proletariado, cuxos únicos medios de produción son as súas propias mans  e os seus fillos.
A industrialización provocou a desaparición dos gremios e acelerou o crecemento das ciudades, debido a un gran aumento da emigración do campo á cidade.



2.       O SIGNIFICADO E O VALOR DO TRABALLO
O traballo pódese entender, definir e clasificar atendendo a diversos criterios  ou puntos de vista .
·         COMO UNHA RELACIÓN:
                                  
-          Entre os que producen algo cos que necesitan ese algo
-          Entre os que ofrecen un servizo e os que o precisan
-          Entre os que buscan un emprego e os que necesitan man de obra

·         A ECONÓMICA:

-          É un dos factores de producion: traballo, terra, capital

·         A DO DEREITO:

-          O traballo é unha actividade que conleva a realización dunha tarefa, que se recolle nun contrato, a cambio dun salario: traballo dependente e por conta allea,  recollido no Dereito Laboral. Ou traballo por conta propia ou traballo autónomo, recollido no Dereito Mercantil, Dereito Empresarial e Dereito Civil.

·         SEN REMUNERACIÓN ECONÓMICA:

-          Non están reguladas por normas laborais.

VOLUNTARIADO
·        Traballo en asociacións sen ánimo de lucro e en ONG
·         Aínda  que non existe retribución ou salario traballan a favor dos Dereitos Humanos e a paz.
TAREFAS DOMÉSTICAS E DO FOGAR
·       Desde xaneirode 2012 teñen recoñecemento oficial.
·         Tarefa, tradicionalmente, para as mulleres, aínda que comeza a cambiar
·         Todas as persoas se benefician deste traballo.
PRÁCTICAS EN EMPRESAS
·         Traballo que realizan persoas en períodos de formación.
·         Ten como finalidade acercar ao alumnado á realidade laboral.
·         Non se trata dun emprego, senón dunha materia educativa máis, aínda que fóra do centro educativo.


  • DESDE PUNTO DE VISTA DA LEGALIDADE (economía sumerxida: beneficios que non se declaran e non pagan impostos a Facenda)
-          Traballo sen contrato laboral e sen alta na Seguridade Social
-          Traballo clandestino ou sen papeis (algúns inmigrantes sen permiso de residencia ou traballo)
-          Traballo fóra das normas sociais ou éticas que constitúen unha actividade delictiva ou ilícita ( comercio ilegal de imaxes, obxectos roubados, narcotráfico…)
-          Traballo remunerado clandestinamente e sen contrato oficial que algunhas persoas realizan mentras dura a súa situación legal de desemprego. (Moitas veces mentres cobran a pensión de desemprego)

DEFINICIÓN DE TRABALLO

O traballo é toda actividade que a persoa realiza, de forma voluntaria, a cambio de obter un beneficio económico, e está suxeita á legalidade ou as normas que o regulan.

VALOR DO TRABALLO HOXE EN DÍA
-          Unha persoa, a través do seu emprego, participa na sociedade e ten acceso, por dereito, a unha serie de prestacións sociais e económicas. Soen recoñecerse cando o individuo deixa de traballar e se atopa nesa situación de desemprego, incapacidade, xubilación, etc…
-          Unha persoa que traballa, co seu salario, pode independizarse economicamente.
-          Pode dispor dunha vivenda digna.
-          Adquire experiencia, pode mellorar no seu emprego e sentirse realizado no seu traballo.
-          Ten a posibilidade de establecer contactos con outras persoas e empresas, sempre interesantes se necesita ou quere cambiar de emprego.

NOVO CURSO 2013-2014

Neste novo curso adicaremos este blog só a IPRL: iniciativa persoal e relacións laborais

BENVIDAS E BENVIDOS.