TAREFAS IPRL

FICHA 1

 TEMA 1 (Significado e valor do traballo)    
1       Ao lado de cada definición coloca o termo axeitado.
·         Os que  levaban a cabo a maior parte do traballo, non eran considerados persoas senón cousas. Polo tanto, o propietario podía facer o que quixese con eles, incluso matalos.  ………

·         Grupos pechados nos que se organizaban os artesáns e os comerciantes. ………..


·         Estaba sometido a un duro traballo cuxo produto, xeralmente, só lle alcanzaba para sobrevivir, pero era dono dos seus instrumentos e da súa economía privada.  ………..

·         Pouco numerosos, eran donos do obradoiro, dos medios de produción e do produto final, obtido grazas ao traballo de oficiais e aprendices. ……..


·          Traballan a terra do señor feudal e estaban ligados a ela. O señor podía traspasalos xunto coa terra ou azotalos, pero non matalos.  …….

·         Foi legal en Europa e América ata o século XIX e noutras rexións do mundo ata mediados do século XX. …….


·          Comezaban moi xóvenes (12-15 anos). A súa vida era moi dura, con xornadas de sol a sol, sen dereito a salario e un período de aprendizaxe entre 2 e 12 anos. ….

·          Únicos medios de produción son as súas propias mans  e os seus fillos. …….



·         Provocou a desaparición dos gremios e acelerou o crecemento das ciudades, debido a un gran aumento da emigración do campo á cidade. …….


TRABALLO SOBRE A PELÍCULA DE OCEAN´S ELEVEN

(O TRABALLO EN EQUIPO)



* Marca a resposta correcta
1. Para que un equipo de traballo funcione con éxito debe ter:
·         Ter  poucos integrantes ( non máis de 5)
·         Ter moitos integrantes (máis de 20)
·         Ter poucos integrantes (non máis de 20)
·         Ter moitos integrantes (máis de 20 pero menos de 50)

2.  Cantos integrantes tiña o equipo de Ocean?
3.  Quen debe crear un equipo?
·         Calquera membro que considere que é necesario nese momento
·         A dirección da empresa para resolver algún problema
4. Quen creou o equipo da película?
5. A súa finalidade era:
·         Xestionar un proxecto (ter un proxecto e levalo a diante)
·         Pensar un proxecto novo
6.  Cal destas outras finalidades cres que tamén tiña o equipo da película? Podes marcar todas as respostas que consideres axeitadas.
·         Resolver problemas
·         Facer  que o ambiente de traballo fose máis relaxado
·         Realizar tarefas concretas
·         Asesorar ao xefe
·         Meter nun só grupo a todos os posibles competidores no roubo
7.  Cres que as habilidades e coñecementos profesionais e persoais dos integrantes do grupo eran as axeitadas para alcanzar o obxectivo que tiña o grupo da película?
·         Non
·         Si
·         A medias
8. Pon algún exemplo desto, é dicir, personaxe e especialidade importante para que o proxecto saíse a diante.
9.  Unha das características dun bo equipo é que cada persoa ten asignada unha tarefa concreta, que estea ben definida e sexa complementaria das tarefas feitas polos demais.
Cres que iso se daba no equipo da película?
·         Si
·         Non
·         Non sempre
10.   Se a túa resposta foi  SI, pon un exemplo visto na película. Se a túa resposta foi NON ou NON SEMPRE, di en que o observaches na película 
11. Cres que algún membro do equipo de Ocean (incluíndo sempre a el) buscaba lucirse diante dos demais? Razoa a resposta.  Se a túa resposta é si, pon un exemplo.
12. Os membros dun equipo deben ter unha comunicación boa entre eles, aberta. Cres que había secretos entre eles?  Cres que iso interferiu no éxito do proxecto? 
13. Cres que todos os do equipo tiñan absoluta confianza no que facían os demais membros? Pon un exemplo.
14. As característica do xefe do equipo deben ser: (marca as que consideres axeitadas):
·         Experiencia
·         Ser duro cos membros do equipo
·         Visión máis ampla do proxecto que os outros membros
·         Capacidade para deixar que outros tomen decisións en momentos difíciles
·         Capacidade para dirixir un equipo
·         Saber repartir as tarefas
·         Ser o responsable final do proxecto

15. Cres que o que decidiu este proxecto era á vez o director do equipo? Razoa a resposta e pon un exemplo.
16. No teu libro vén un cadro coas ventaxas e desventaxas que ten traballar en grupo. Usando esa teoría enche o seguinte cadro pero pensando na película.

VENTAXAS
INCONVINTES
PARA CADA UN  DOS MEMBROS DO EQUIPO DE OCEAN

















PARA O EQUIPO EN CONXUNTO